ABEONA
Programa de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres VVX 2024
O Programa atende a 16 mulleres VVX, ofrecéndolles Orientación laboral para a búsqueda de emprego, formación no eido do sector turístico e prácticas non laborais en empresas.
As usuarias teran a oportunidade de participar tamén en diferentes visitas turísticas sobre lugares emblemáticos da cidade de Lugo.
Operación financiada pola Xunta de Galicia , Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
EMPREGO 5G
Programa de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a orientación sociolaboral de mulleres VVX 2023
O Programa asistiu a 14 mulleres VVX, das que máis de 4 atoparon emprego e/ou melloraron a súa situación laboral. O total das participantes recibiron orientación laboral, axuda na creación de materiais propios para a búsqueda de emprego, ofertas de traballo, asesoramento sobre as posibilidades académicas e formativas e axuda na preparación de entrevistas.
O 60% das participantes levaron a cabo prácticas non laborais en empresas e realizaron formación sobre o sector de axuda a domilicilio, comercio e servizos.
Operación financiada pola Xunta de Galicia, Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.
BRIGIT
O programa atendeu a 25 mulleres que cumprían os requisitos para seren beneficiarias, no cal se realizaron entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais, e deseñar un itinerario de inserción para acadar a súa incorporación no mundo laboral.
Leváronse a cabo tres accións formativas: Un Obradoiro de “Conceptos básicos de perruquería”, un Obradoiro de “Conceptos básicos de Estética” e un Obradoiro de “Expresión Oral e Escrita”.
Ó finalizar o Programa , as participantes participaron na exposición “Cuestión de xénero. Nin raza nin bandeira”. A través da cal achegaron curiosidades sobre o seu país de orixe e similitudes culturais. A exposisición incluía uns retratos con elementos e maquillaxes típicos de cada un dos países, unhas cadeiras restauradas con cores e tapizados que lembraban as diferentes culturas participantes e uns códigos QR nos que poder escoitalo todo nas diferentes linguas que conformaban a realidade ligüística do grupo de mulleres.
Operación financiada pola Xunta de Galicia , Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
LIBERTAS
O O programa atendeu a 25 mulleres que cumprían os requisitos para seren beneficiarias, no cal se realizaron entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais, e deseñar un itinerario de inserción para acadar a súa incorporación no mundo laboral.
Leváronse a caba tres accións formativas: O Obradoiro de Expresión, no que traballar asimulación de situacións e a comunicación eficaz a través de metodoloxía teatral; un Cursode Alfabetización Informática e un Curso de preparación dos exames de Competencias Básicas.
Operación financiada pola Xunta de Galicia, Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.
RECICL-ARTE
O nome escollido para o programa RECICL-ARTE, fai referencia a que tanto as
persoas como as cousas poden ter unha segunda vida se son tratados cos coidadosaxeitados.
O programa atendeu a 25 mulleres vítimas de violencia de xénero.
Ademais das actuacións previstas para os itinerarios de inserción, realizáronse encontros con persoas emprendedoras, principalmente mulleres. Dependendo dos perfís e intereses das participantes, os encontros foron s grupais ou individuais.
O Programa constou de duas accións accións formativas:
Obradoiro de Restauración e Reciclaxe, no que se lles proporcionaron ferramentas básicas derestauración de mobiliario, de creación de obxectos a partires de refugallo,
de costura etapicería e o Obradoiro de Expresión, no que traballar a simulación de situacións e acomunicación eficaz a través de metodoloxía teatral
Operación financiada pola Xunta de Galicia , Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
EXPRES-ARTE
O programa atendeu a 28 mulleres que cumprían os requisitos para seren beneficiarias, no cal se realizaron entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais, edeseñar un itinerario de inserción para acadar a súa incorporación no mundo laboral.
Leváronse a caba duas accións formativas: O Obradoiro de Expresión, no que traballar asimulación de situacións e a comunicación eficaz a través de metodoloxía teatral; e, o Obradoiro de Empresa e Autoemprego, no que as usuarias desenvolveron un plan de empresa e foron asesoradas sobre as diferentes necesidades a ter en conta á hora de emprender
Ademais organizáronse visitas a empresas xestionadas por mulleres.
Dentro deste programa 16 persoas realizaron prácticas en empresas e 11 acadaron un contrato laboral.
Operación financiada pola Xunta de Galicia, Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.
EXPRESANDO FUTURO
O programa atendeu a 34 mulleres que cumprían os requisitos para seren beneficiarias,
Ademais das actuacións previstas para os itinerarios de inserción, realizáronse encontros con persoas emprendedoras, principalmente mulleres, para que lles transmitan as súas experiencias na posta en marcha das súas iniciativas empresariais.
Facilitouse información, asesoramento e formación en materia de creación de empresas, xa que o autoemprego é unha das vías que, en consonancia cos fins da asociación, máis queremos potenciar, xunto coas fórmulas cooperativas e de economía social.
Plantexouse unha acción formativa “Habilidades Comunicativas e Expresivas”, na que se traballaron técnicas de expresión corporal e emocional, técnicas de comunicación eficaz e ferramentas de improvisación, utilizando técnicas teatrais como vehículo para a aprendizaxe dos contidos, sempre aplicados ó ámbito laboral, e realizando simulacións de situacións reais.
Ademáis ofertaronse outras horas de formación para adquirir “Habilidades Empresariais” como a capacidade para traballar en equipo, tomar decisións e resolver problemas, planificar organizar e priorizar traballos, comunicacións con provedores e clientes, etc.
Durante o desenvolvemento das accións formativas realizaronse actuacións de apoioá conciliación.
28 das beneficiarias realizaron prácticas en empresas. Priorizaronse aqueles ámbitos laborais nos que as beneficiarias poderían ter maiores posibilidades de inserción por conta allea. En total 8 das participantes nas prácticas obtiveron un contrato laboral.
Operación financiada pola Xunta de Galicia , Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Proxecto de dinamización do comercio local de Lugo. Acción subvencionada polo Concello de Lugo.
A actividade consistiu na difusión a través das RRSS de pistas para atopar vales agasallo que canxear nas tendas participantes no proxecto. Cada vale foi acompañado dunha tarxeta que contaba semellanzas e curiosidades do patrimonio
natural, cultural e histórico dos países de orixe das persoas migrantes que habitan en Lugo, en relación coa nosa cidade e con Galicia, para amosar que non somos tan distintos e facilitar así a integración destas persoas. Unha vez atopado o vale, este
foi canxeado na tenda correspondente.
Tiveron prioridade de participación aqueles establecementos propiedade de persoas migrantes, para axudarlles a darse a coñecer entre a veciñanza, xa que maioritariamente están ubicados en zonas ou rúas con menor tránsito peonil.
Proxecto de dinamización do comercio local de Lugo. Acción subvencionada polo Concello de Lugo.
A actividade consiste na difusión a través das RRSS de imaxes de persoas migrantes que deixarán vales agasallo en distintos lugares da cidade de Lugo, que teñan un especial significado para elas. Despois, mediante pistas guiarán aos seguidores das redes do Concello de Lugo para que os atopen e os poidan canxear nas tendas participantes no proxecto polo premio que conteña o devandito vale (produtos de alimentación, material escolar, servizos, etc.). A persoa cando recolla o agasallo recibirá tamén unha fotografía que levará escrita no reverso a historia da persoa que publicou a pista, contribuindo así tamén a que a poboación coñeza a realidade e as causas polas que estas persoas están en Lugo.Eu tamén son local pretendeu:
-Dar a coñecer os negocios das persoas migrantes que viven en Lugo.
-Amosar un novo oco de mercado aos establecementos do pequeno comercio de Lugo.
-Facer que a comunidade migrante se sinta partícipe e protagonista no seu lugar de residencia, contribuíndo así a mellorar a súa autoestima.
-Favorecer a integración e inclusión destes colectivos na cidade.
-Propiciar o encontro e a participación das entidades que traballan con persoas con maiores dificultades de inserción laboral/social.
Proxecto vencellado á promoción do Xacobeo 21, e está cofinanciado pola Xunta de Galicia.
As actuacións previstas no Camiño a Bocados estaban agrupadas nas 3 Fases que se describen de seguido:
FASE 1 PRESENTACIÓN
• Reunións cos representantes dos concellos participantes no proxecto para a presentación do proxecto o Camiño a Bocados.
• Selección por parte da cidadanía e do persoal municipal:
1. Dos produtos e/ou gastronomía a promocionar.
2. Do patrimonio natural e cultural recollido nos códigos QR.
3. Da persoa que se investirá como embaixadora do Camiño de Santiago nese concello, en base á proposta de candidatos presentada desde a asociación.
FASE 2 DESEÑO
• Deseño da imaxe corporativa a empregar no merchandising que se realice para cada unha das variantes do Camiño de Santiago.
• Maquetación dos distintos formatos e impresión.
• Reparto entre as persoas e entidades públicas e/ou privadas participantes, do material a empregar para a difusión do programa.
FASE 3 EXECUCIÓN
• Etiquetado de produtos, entidades e negocios.
• Entrevistas a persoas que fan o Camiño ou que viven nos concellos para recopilación de testemuños para o audiolibro.
• Celebración dos actos de investidura das persoas escollidas como Embaixadoras/es do Camiño.
• Difusión e promoción a través de accións de comunicación e marketing on-line e off-line de todas as actividades postas en marcha.
Proxecto vencellado á promoción do Xacobeo 21, e está cofinanciado pola Xunta de Galicia.
As actuacións previstas no Camiño a Bocados estaban agrupadas nas 3 Fases que se describen de seguido:
FASE 1 PRESENTACIÓN
• Reunións cos representantes dos concellos participantes no proxecto para a presentación do proxecto o Camiño a Bocados.
• Selección por parte da cidadanía e do persoal municipal:
1. Dos produtos e/ou gastronomía a promocionar.
2. Do patrimonio natural e cultural recollido nos códigos QR.
3. Da persoa que se investirá como embaixadora do Camiño de Santiago nese concello, en base á proposta de candidatos presentada desde a asociación.
FASE 2 DESEÑO
• Deseño da imaxe corporativa a empregar no merchandising que se realice para cada unha das variantes do Camiño de Santiago.
• Maquetación dos distintos formatos e impresión.
• Reparto entre as persoas e entidades públicas e/ou privadas participantes, do material a empregar para a difusión do programa.
FASE 3 EXECUCIÓN
• Etiquetado de produtos, entidades e negocios.
• Entrevistas a persoas que fan o Camiño ou que viven nos concellos para recopilación de testemuños para o audiolibro.
• Celebración dos actos de investidura das persoas escollidas como Embaixadoras/es do Camiño.
• Difusión e promoción a través de accións de comunicación e marketing on-line e off-line de todas as actividades postas en marcha.
O proxecto LUGO POP UP STORE tivo como finalidade principal facilitar aos novos emprendedores un espazo donde dar a coñecer os seus produtos ou servizos ao público.
Para levar a cabo este proxecto contamos coa colaboración do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, do Fondo Social Europeo Iniciativa de Emprego Xuvenil: “O FSE inviste no teu futuro” e da Xunta de Galicia.
AXEL, coa colaboración de Inmobiliaria Ronda, que cedeu un local situado na Praza Agro do Rolo para a iniciativa LUGO POP UP STORE o día 21 de Xuño, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 os seguintes emprendedores amosaron os seus produtos e servizos MESIENTO, CASTAÑAS ARZA, ABELLAMOURA, BÍCAME, LOOK&SOULD, MEUPAN, RAYOS DE LUZ.
* Implementación de melloras nos sistemas produtivos das empresas do rural mediante a análise da situación actual das mesmas, para a continuación facer propostas concretas de mellora, primando aquelas que respecten o medioambiente e sexan sostibles. Neste punto é importante ter en conta o relevo xeracional nas empresas familiares, porque tal vez sexa o momento máis axeitado para acometer estes cambios, contribuíndo deste xeito a fixar poboación e loitar contra o despoboamento.
*Aplicación do networking entre emprendedores, empresas e a poboación do rural, para poder poñer en funcionamento novos modelos de negocio, fomentando a creación de empresas de economia social para satisfacer as necesidades detectadas na zona.
*Concienciación sobre o emprego de medidas medioambientais a todos aqueles que se decidan a vivir e/ou emprender no rural, tratamento de residuos, aproveitamento de recursos, conservación de especies, etc .
*Converxencia co mercado actual, dirixindo as iniciativas empresariais cara ás necesidades detectadas e ós novos xacementos de emprego. A dispersión da poboación no rural galego en lugares e aldeas, que provoca o illamento dos maiores, que deste xeito teñen dificultades para acudir ás vilas onde están centralizados os servizos son un claro exemplo dunha necesidade sin resposta a dia de hoxe.
*Conseguir por medio das actividades que se realicen e das iniciativas empresariais que xurdan dinamizar o territorio, facendo participes ós habitantes destas zonas, por ser os máis interesados.
*Fomentar o consumo de proximidade, favorecendo así ós produtores locais
*Traballar en rede con asociacións veciñais, culturais, ou calquera outra institución que nos facilite a toma de contacto coa xente da zona, dándonos así a posibilidade de implicalas no noso proxecto.
*Promover a creación de plataformas de comercio electrónico para que produtores locais poidan vender os seus produtos, e motivalos cara á creación de cooperativas para un mellor aproveitamento dos recursos.
BLÍSTER é un proxecto de formación teórico-práctica en campos asociados a servizos
polivalentes como electricidade, pintura, carpintería, albanelería, loxística, fontanaría, etc.
Esta formación dotou ás participantes de capacidades complementarias para o seu día a día e permitiulles desenvolver aptitudes e habilidades que lles eran descoñecidas. Ademáis de ampliar os seus horizontes profesionais a oficios historicamente masculinos.
Como obxectivos de BLÍSTER destacamos os seguintes:
– Aumentar o empoderamento persoal das participantes porque lles permitirá facer pequenas reparacións no seu fogar, e tamén o profesional porque poderán optar a postos detraballo nos que se requira unha primeira actuación básica en tarefas de mantemento, os cales, na maioría dos casos, son ocupados por homes.
– Romper coa segregación horizontal tanto na formación como no mundo laboral, formando a mulleres en áreas tradicionalmente masculinizadas.
– Loitar contra os estereotipos de xénero no ámbito laboral.
– Promover a igualdade de oportunidades.
BLÍSTER formou a 15 mulleres VVX en Lugo.