15 mulleres vítimas da violencia de xénero,elexiron 15 cadros da historia da arte que representaban mulleres, versionaron o cadro para ofrecer a súa propia imaxe e perspectiva. Cada fotografía ía acompañadadun texto que recollía a interpretación da mesma. Como complemento á exposición levouse a cabo unha proxección audiovisual das fotografías acompañada de audios gravados polas participantes. Visitaron a exposición en torno a 70 persoas. A exposición foi cedida á Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e está sendo exposta en diferentes concellos de Galicia.
A través do Programa Entel-arte e da formación en confección e costura, 8 das participantes realizaron diferentes prendas de roupa para o Entroido, para elas mesmas e os seus fillos e fillas. A exposición dos deseños realizados foi aberta ó público e visitada pola Secretaria Xeral de Iguldade (2020).
A través do Programa Recicl-arte e da formación en restauración e Reciclaxe, cada unha das participantes restaurou unha cadeira de madeira, e diferentes elementos de refugallo, ós que converter en en utensilios cunha nova vida e valor.
A exposición dos elementos foi levada a cabo na Escola de Teatro Ítaca Artes Escénicas e no local da Asociación Hipócrita Teatro, estivo aberta ó público e visitada por máis de 40 persoas.
8 mulleres vítimas da violencia de xénero. 8 fotografías caracterizadas con elementos propios de cada un dos seus países. 8 cadeiras nas que representar a súa cultura.8 parecidos razoables. 8 xeitos de achegarnos a diferentes lugares do mundo.6 linguas diferentes para contalo.
A exposición foi levada a diferentes lugares de Galicia, coma o Penal de Monterroso, A Subdelegación do Goberno en Lugo, o Centro Cívico de Arteixo e no IES da Terra Chá Trapero Pardo, en Castro Riberas do Lea . Coa colaboración do Concello de Lugo, estivo exposta na Escola Ítaca Artes Escénicas, na Bilioteca Nodal de Lugo e no CEI Nodus.
Actualmente atópase dispoñible para a súa exposición.