AXEL

Presentación

A Asociación AXEL foi creada no ano 2004 coa idea de dar acubillo a todas aquelas persoas que demostrasen iniciativa emprendedora, ou ben houbesen emprendido algún proxecto empresarial.

Tal como se desprende dos estatutos fundacionais da mesma, a asociación desenvolve a súa actividade no ámbito provincial de Lugo.

Son fins principais da Asociación as seguintes actividades dirixidas á xuventude e a colectivos de difícil inserción (mulleres, maiores de 45 anos, inmigrantes, vítimas de violencia de xénero, persoas con capacidades diferentes, etc.):

1.- Fomentar e difundir a cultura emprendedora e o emprendemento no eido laboral, social e tecnolóxico entre os devanditos colectivos.

2.- Apoio técnico no desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e do cooperativismo no eido laboral, social e tecnolóxico.

3.- Promoción da igualdade de xénero e ó desenvolvemento da perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos sociais, económicos e políticos.

4.- Colaborar e establecer relacións e iniciativas conxuntas con organismos de goberno e outras entidades sociais,  públicas, privadas, locais, autonómicas, nacionais, e internacionais que contribuan a acadar os fins para os que foi creada a asociación.

7.- Reducir a fenda dixital e salarial destes colectivos a través da formación profesional e a aprendizaxe ao longo de toda a súa vida, especialmente para as mulleres, o que debería garantirlles o acceso a empregos de calidade e as oportunidades de reciclaxe e adaptación aos cambios do mercado laboral e da sociedade. 

8.- A promoción e aplicación do emprendemento, do cooperativismo e das inciativas de economía social como nexo de unión e punto de encontro entre as diferentes etnias e culturas.

10.- A realización de actuacións para a difusión e formación relacionadas co desenrolo e implantación da sociedade da información.

11.- Formación en materia de creación, xestión e desenvolvemento de  proxectos cooperativos empresariais e sociais.

12.- Organización de actividades de voluntariado para mellorar a inclusión social e laboral dos colectivos con dificultades de inserción.

13.- Apoio ás iniciativas empresariais para dar respostas aos  retos que aparecen nos novos entornos económicos.

14.- Desenvolver accións encamiñadas a fomenta-la loita contra o deterioro do medioambiente.

 

 

Your Title Goes Here

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

Your Title Goes Here

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

Actividades e Experiencia

Programa Erasmus + (2014-actualidade)

A Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses está a acoller estudantes Erasmus en prácticas de diferentes países, que colaboran tanto na actividade da asociación como con outras empresas coas que se contacta para que poidan aproveitar a súa estadía e coñecer a realidade empresarial de primeira mán. Desde o comezo do programa no ano 2014 pasaron case 70 estudantes de formación diversa (enxeñería informática, dereito, economía e empresa entre outras), por períodos que van desde 1 mes como mínimo, ata un máximo de 6. Durante  a súa estadía a asociación programa actividades de ocio, gastronómicas, viaxes, cursos de español, axudalles na búsqueda de aloxamento, trámites ante distintos organismos, etc.

Pode consultarse o listado de participantes no seguinte enlace https://www.axelugo.org/en/club-axel-en/

Proxecto de Reactivación do Rural (2015-2016), centrouse nos seguintes puntos:

* Implementación de melloras nos sistemas produtivos das empresas do rural mediante a análise da situación actual das mesmas, para a continuación facer propostas concretas de mellora, primando aquelas que respecten o medioambiente e sexan sostibles. Neste punto é importante ter en conta o relevo xeracional nas empresas familiares, porque tal vez sexa o momento máis axeitado para acometer estes cambios, contribuíndo deste xeito a fixar poboación e loitar contra o despoboamento.

*Aplicación do networking entre emprendedores, empresas e a poboación do rural, para poder poñer en funcionamento novos modelos de negocio, fomentando a creación de empresas de economia social para satisfacer as necesidades detectadas na zona.

*Concienciación sobre o emprego de medidas medioambientais a todos aqueles que se decidan a vivir e/ou emprender no rural, tratamento de residuos, aproveitamento de recursos, conservación de especies, etc .

*Converxencia co mercado actual, dirixindo as iniciativas empresariais cara ás necesidades detectadas e ós novos xacementos de emprego. A dispersión da poboación no

rural galego en lugares e aldeas, que provoca o illamento dos maiores, que deste xeito teñen dificultades para acudir ás vilas onde están centralizados os servizos son un claro exemplo dunha necesidade sin resposta a dia de hoxe.

*Conseguir por medio das actividades que se realicen e das iniciativas empresariais que xurdan dinamizar o territorio, facendo participes ós habitantes destas zonas, por ser os máis interesados.

*Fomentar o consumo de proximidade, favorecendo así ós produtores locais

*Traballar en rede con asociacións veciñais, culturais, ou calquera outra institución que nos facilite a toma de contacto coa xente da zona, dándonos así a posibilidade de implicalas no noso proxecto.

*Promover a creación de plataformas de comercio electrónico para que produtores locais poidan vender os seus produtos, e motivalos cara á creación de cooperativas para un mellor aproveitamento dos recursos.

Programa de inserción laboral de VVX “Expresando Futuro” (2016-2017).

O programa atendeu a 34 mulleres que cumprían os requisitos para seren beneficiarias, no cal se realizaron entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais, e deseñar un itinerario de inserción para acadar a súa incorporación no mundo laboral.

Ademais das actuacións previstas para os itinerarios de inserción, realizaronse encontros con persoas emprendedoras, principalmente mulleres, para que lles transmitan as súas experiencias na posta en marcha das súas iniciativas empresariais.

Tamén se presentaron dentro dos itinerarios “estudios de caso” de iniciativas empresariais que estaban relacionadas cos ámbitos laborais nos que as participantes podían ter maiores posibilidades de inserción, analizando coa participación da persoa implicada as posibilidades de levar a cabo unha iniciativa semellante, os recursos necesarios, as dificultades a superar, etc.

Facilitouse información, asesoramento e formación en materia de creación de empresas, xa que o autoemprego é unha das vías que, en consonancia cos fins da asociación, máis queremos potenciar, xunto coas fórmulas cooperativas e de economía social.

Plantexouse unha acción formativa “Habilidades Comunicativas e Expresivas”, de 60 horas de duración, na que se traballaron técnicas de expresión corporal e emocional, técnicas de comunicación eficaz e ferramentas de improvisación, utilizando técnicas teatrais como

vehículo para a aprendizaxe dos contidos, sempre aplicados ó ámbito laboral, e realizando simulacións de situacións reais.

Ademáis ofertaronse outras 40 horas de formación para adquirir “Habilidades Empresariais” como a capacidade para traballar en equipo, tomar decisións e resolver problemas, planificar organizar e priorizar traballos, procesar e analizar adecuadamente as informacións, comunicacións con provedores e clientes, etc.

Durante o desenvolvemento das accións formativas realizaronse actuacións de apoio á conciliación para que as participantes que o necesitasen poidesen asistir e adquirir os coñecementos que se consideran necesarios para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.

28 das beneficiarias realizaron prácticas en empresas. A duración das mesmas (125 horas máximo) concretouse tanto coas empresas como coas participantes que se asignaron a cada unha, en función dos obxectivos a alcanzar por ambas partes. Priorizaronse aqueles ámbitos laborais nos que as beneficiarias poderían ter maiores posibilidades de inserción por conta allea. Buscaronse empresas que necesitaban persoal, de xeito que o período de prácticas serviu de aprendizaxe para a participante e para o coñecemento mutuo entre ela e a empresa, sendo contratadas algunhas delas ó remate das prácticas, en total 8 das participantes nas prácticas obtiveron un contrato laboral, superando así as 2 contratacións requeridas polo programa. Desde a entidade asinaronse convenios de colaboración con varias empresas que contan cun plan social para a inserción de colectivos con dificultades.

 

Programa Inserción Laboral VVX “Express-Arte” (2017-2018).

O programa atendeu a 28 mulleres que cumprían os requisitos para seren beneficiarias, no cal se realizaron entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais, e deseñar un itinerario de inserción para acadar a súa incorporación no mundo laboral.

Rocío Andón Boado e Elea López García foron as encargadas de executar os Obradoiros de Expresión I e II, contan con formación en Psicopedagoxía e Técnicas Teatrais respectivamente. 

O Obradoiro de Empresa e Autoemprego foi impartido por Norman Javier Veiga Álvarez, Graduado Social que conta con ampla experiencia en asesoramento empresarial . Este obradoiro foi impartido en aulas do Centro Sociocultural Maruja Mallo e do Centro de Novas Tecnoloxías, as cales foron solicitadas ao Concello de Lugo, por ser ámbolos dous propiedade da devandita entidade. Dentro da programación deste obradoiro levarónse a cabo as visitas ás seguintes empresas, todas elas xestionadas por mulleres:

  • La Escena Iluminada (fotografía)
  • A Cociña de Pilar (comida para levar)
  • LookandSoul (restauración de mobles)
  • DGala by LuBellas (roupa de festa de segunda mán e deseño de complementos)
  • Bícame (cosmética natural)
  • Gerosonajero (roupa e complementos de bebé de segunda mán)
  • Reset Home (organización de espazos).

 Outra das actividades propostas foi a realización de versións fotográficas de obras pictóricas protagonizadas polas alumnas, pero baixo unha visión distinta e actual da realidade represantada nos cadros. Para levar a cabo este traballo contouse coa colaboración de membros da empresa Colorín Colorado para maquillaxe e perruquería das modelos, da Asociación Cultural Hipócrita Teatro, que se encargaron do vestiario, da realización das fotos, e da montaxe da exposición e da proxección audiovisual. A clausura do programa fíxose coincidir coa presentación da exposición aos medios e á Secretaria Xeral de Igualdade Susana López Abella, evento que foi recollido polos xornais O Progreso e A Voz de Galicia. Todas  as que participaron na exposición fotográfica recibiron unha copia da súa fotografía.

Dentro deste programa 16 persoas realizaron prácticas en empresas e 11 acadaron un contrato laboral.

Lugo Pop Up Store (2017)

 

O proxecto LUGO POP UP STORE tivo como finalidade principal facilitar aos novos emprendedores un espazo donde dar a coñecer os seus produtos ou servizos ao público.

Para levar a cabo este proxecto contamos coa colaboración do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, do Fondo Social Europeo Iniciativa de Emprego Xuvenil: “O FSE inviste no teu futuro” e da Xunta de Galicia.

AXEL, coa colaboración de Inmobiliaria Ronda, que cedeu un local situado na Praza Agro do Rolo para a iniciativa LUGO POP UP STORE o día 21 de Xuño, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 os seguintes emprendedores amosaron os seus produtos e servizos MESIENTO, CASTAÑAS ARZA, ABELLAMOURA, BÍCAME, LOOK&SOULD, MEUPAN, RAYOS DE LUZ.

Programa Inserción Laboral VVX “Recicl-Arte”

O nome escollido para o programa RECICL-ARTE, fai referencia a que tanto as persoas como as cousas poden ter unha segunda vida se son tratados cos coidados axeitados.

O programa está a executarse nestes momentos, e atende a 25 mulleres vítimas de violencia de xénero. Deu comenzo en outubro de 2018 coas entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais, e ten prevista a súa finalización para xuño do 2019.

Ademais das actuacións previstas para os itinerarios de inserción, realizaronse encontros con persoas emprendedoras, principalmente mulleres, para que lles transmitan as súas experiencias na posta en marcha das súas iniciativas empresariais. Dependendo dos perfís e intereses das participantes os encontros poderán ser grupais ou individuais.

Plantéxaronse accións formativas por un máximo  de 80 horas para o primeiro período,  e de 240 horas para o segundo, relacionadas coa temática exposta anteriormente. No Obradoiro de Restauración e Reciclaxe, as participantes realizaron unha exposición cos traballos realizados ao remate da mesma.

Nesta edición fixeron prácticas 18 das participantes e obtiveron un emprego 9.

BLISTER (Proxecto Gañador IV Premios Compromiso)

BLÍSTER é un proxecto de formación teórico-práctica en campos asociados a servizos polivalentes como electricidade, pintura, carpintería, albanelería, fontanaría, etc. Esta formación dotará ás participantes de capacidades complementarias para o seu día a día, e desenvolverá aptitudes e habilidades descoñecidas para elas.

Como obxectivos de BLÍSTER destacamos os seguintes:

  • Aumentar o empoderamento persoal das participantes porque lles permitirá facer pequenas reparacións no seu fogar, e tamén o profesional porque poderán optar a postos de traballo nos que se requira unha primeira actuación básica en tarefas de mantemento, os cales, na maioría dos casos, son ocupados por homes.
  • Romper coa segregación horizontal tanto na formación como no mundo laboral, formando a mulleres en áreas tradicionalmente
  • Loitar contra os estereotipos de xénero no ámbito
  • Promover a igualdade de

BLÍSTER formou 15  mulleres VVX en Lugo, nas tarefas mencionadas anteriormente, a través das cales  levaron a cabo a rehabilatación dun local que se emprega  para actividades e formación infantil.

Programa Inserción Laboral VVX “Entel-Arte”

 

O programa está a executarse nestes momentos, e atende a 25 mulleres vítimas de violencia de xénero. Deu comenzo en outubro de 2019 coas entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais, e ten prevista a súa finalización para xuño do 2020.

Ademáis das actuacións previstas para os itinerarios de inserción, realizaronse encontros con persoas emprendedoras, principalmente mulleres, que lles transmitiron as súas experiencias na posta en marcha das súas iniciativas empresariais.

A formación incluirá temas relacionados coas habilidades persoais e sociais que lles servirán para os seus contactos co mundo laboral e tamén  formación orientada aos traballos con teas. Esta última é a que da nome a este programa Entel-Arte, a idea é que cada unha delas elixa unha peza a personalizar, xa que dentro da formación relacionada co emprendemento e autoemprego, haberá unha parte dedicada  a facer traballos con telas e/ou sobre prendas de roupa.

Proxecto “O Camiño a Bocados” (MY WAY)

O proxecto está vencellado á promoción do Xacobeo 21, e está cofinanciado pola Xunta de Galicia.

As actuacións previstas no Camiño a Bocados estaban agrupadas nas 3 Fases que se describen de seguido:

FASE 1 PRESENTACIÓN

•         Reunións cos representantes dos concellos participantes no proxecto para a  presentación do proxecto o Camiño a Bocados.

•         Selección por parte da cidadanía e do persoal municipal:

1.       Dos produtos e/ou gastronomía a promocionar.

2.       Do patrimonio natural e cultural recollido nos códigos QR.

3.       Da persoa que se investirá como embaixadora do Camiño de Santiago nese concello, en base á proposta de candidatos presentada desde a asociación.

FASE 2 DESEÑO

•         Deseño da imaxe corporativa  a empregar no merchandising que se realice para cada unha das variantes do Camiño de Santiago.

•         Maquetación dos distintos formatos e impresión.

•         Reparto entre as persoas e entidades públicas e/ou privadas participantes, do material a empregar para a difusión do programa.

FASE 3 EXECUCIÓN

•       Etiquetado de produtos, entidades e negocios.

•       Entrevistas a persoas que fan o Camiño ou que viven nos concellos para recopilación de testemuños para o audiolibro.

•         Celebración dos actos de investidura das persoas escollidas como Embaixadoras/es do Camiño.

•         Difusión e promoción a través de accións de comunicación e marketing on-line e off-line de todas as actividades postas en marcha.