
Programa de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres VVX 2025.
O Programa atendeu a 20 mulleres VVX, ofrecéndolles Orientación laboral para a búsqueda de emprego, formación no eido do emprendemento e prácticas non laborais en empresas.
As usuarias tiveron a oportunidade de crear un produto vendible de baixa inversión e unha cooperativa virtual na que aplicar as ferramentas do autoemprego.
Operación financiada pola Xunta de Galicia , Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Utilizando o mito de Pandora, cráronse para o 8m unhas caixas nas que poñer en valor ás mulleres que non teñen nome na historia pero que a constrúen día a día.
O dereito a abrir caixas, a que o noso corpo nos pertenza e non sexa obxecto de opinión e a liberrnos da culpa de Pandora, de Eva… Foron repartidas en diferentes Centros Sociais da cidade, na Casa da Muller e na Subdelegación do Goberno en Lugo
A actividade contou coa financiación do do Concello de Lugo, a través da “SUBVENCIÓN PARA AS ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES XURÍDICO-PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVEN PROXECTOS DESTINADOS A ACTIVIDADES DE INTERESE SOCIAL EN MATERIA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO (INCLUÍDA A ERRADICACIÓN DAS VIOLENCIAS MACHISTAS), DA INTEGRACIÓN DA MULLER E DA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL – EXERCICIO ECONÓMICO 2025.

O proxecto “Comprométete con Lugo” estivo pensado para premiar a todas aquelas persoas que mercan no comercio e na hostalería local. A campaña consistii na entrega de aneis a todos aqueles que se achegueron ao stand habilitado ao efecto con tickets de compra no comercio local e na hostalería. Algúns dos aneis levaron consigo outros agasallos promocionais do programa, que se entregaron no momento no que a persoa descubriu que resultou premiada, para logo subir ás RRS as imaxes que recollan esa situación.
A campaña levouse a cabo durante 5 días en diferentes zonas da cidade, elexindo barrios máis desfavorecidos ou con menor acceso a campañas de dinamización.
A iniciativa “Comprométete co comercio local” ven motivada para promover o desenvolvemento económico local dado que o pequeno comercio e a hostalería son un motor importante da economía de Lugo.
Promover a identidade e o sentimento de pertenza porque as empresas locais non son só lugares onde se realizan transaccións comerciais, senón que tamén contribúen á identidade e á cultura dunha comunidade. Os proxectos de dinamización coma este poden contribuír a reforzar este sentido de pertenza, creando un entorno único e característico que atrae tanto a veciños como a visitantes.
A dinamización deste tipo de negocios combate a homoxeneización e a perda de diversidade: en moitos lugares, a proliferación de grandes cadeas comerciais provocou a perda de diversidade e identidade nos centros urbanos. “Comprómetete co comercio local” busca contrarrestar esta tendencia promovendo a presenza e o éxito do pequeno comercio local, que adoita ofrecer produtos e servizos únicos e personalizados.
En resumo, “ Comprométete co comercio local” buscou a dinamización do comercio local e da hostalería, fortalecer o tecido económico, social e cultural de Lugo, promovendo a diversidade, a identidade local e o benestar xeral dos seus habitantes.

A través do Programa Corresponsables financiado pola Xunta de Galicia, a Asociación levou a cabo “Iris”. Un programa dividido en 3 partes:
. Campamento de Conciliación gratuito para nenos e nenas entre os 4 e os 14 anos “Conciliarte”. Levado a cabo dende o fin do periodo escolar ata o mes de agosto.
. Creación 2 de contos nos que mudan os roles de xénero tradicionais “Contorresponsable”
. Formación teatral na que, a traves de personaxes e roleplaying, concienciar sobre igualdade, corresponsabilidade, carga mental e procesos de discriminación “Igualarte”. Ó finalizar grabouse un manifesto con algún dos participantes.
Todos os materiais están dispoñibles para a súa visualización e descarga na páxina https://www.axelugo.org/corresponsables/